LOS BARCOS DE LOS PETROGLIFOS DE OIA - EMBARCACIONES EN LA PREHISTORIA RECIENTE DE GALICIA

LOS BARCOS DE LOS PETROGLIFOS DE OIA - EMBARCACIONES EN LA PREHISTORIA RECIENTE DE GALICIA

Costas Goberna, Fernando Javier - De la Peña Santos, Antonio

Edición
Vigo
Fecha
2011
ISBN/ISSN
Páxinas
327
..."O mérito dos autores deste libro está en que documentan e analizan a fondo a tecnoloxía naval capaz de conducir a aqueles navegantes a través dun mar tan distinto ao seu, ata entón, contorno habitual. E non podemos dubidar desa capacidade técnica. Amais dos ben documentados periplos de épocas posteriores, merece a pena facerse unha pregunta que atinxe a uns navegantes moi posteriores no tempo: ¿Acaso a tecnoloxía naval dos vikingos era superior á das grandes civilizacións do Mediterráneo oriental na Idade do Bronce? Non fai falta que lembremos ata que incríbles límites xeográficos chegaron os drakkars dos feroces mariños de Escandinavia. Teño fundadas esperanzas en que, dentro de non moito tempo, esta Porta Atlántica que os autores abren a minoicos, micénicos, canaanitas.... nos permita chegar máis alá... Este precioso libro, seguindo os pasos de Jasón, de Odiseo e de outros tantos navegantes anónimos, reabre as Portas de Herakles ás "Cóncavas e veloces naves" e, estou certo, de que moi pronto outros navíos recorrerán unhas rutas atlánticas que xa deixaron de ser tan só froito da imaxinación". Prólogo - José Antonio Martín Curty