 
      
      
      
                    Presentación do libro "Vigo. Felices 20 (Retazos)"
11/11/2021
O vindeiro xoves 18 de novembro, ás 19.30 horas, na Sala Rosalía Castro da sede da Deputación Provincial de Pontevedra da nosa cidade (r/Eduardo Chao 17) presentaremos a obra do finado membro do Insituto de Estudios Vigueses Gerardo González Martín "Vigo. Felices 20 (Retazos).
 
      
      
      
                    Presentación do libro "Carmen Laforet sonrió en Rodeira"
28/10/2021
O vindeiro 9 de novembro, no Salón de Plenos do concello de Cangas -Paseo de Castelao nº 2- ás 19.30 horas presentaremos o libro "Carmen Laforet sonrió en Rodeira" da autoría do membro do Instituto de Estudios Vigueses e Cronista Oficial da cidade de Vigo Ceferino de Blas.
 
      
      
      
                    Presentación do libro "Os nomes das rúas de Vigo, (1640-1945)
19/10/2021
O vindeiro martes 26 de outubro, no Salón de Actos do Instituto de Estudios Vigueses -rúa Cánovas del Castillo nº 2-1º, Vigo- vaise presentar a obra Os nomes das rúas de Vigo, (1640-1945) da autoría do membro desta institución Juan Miguel González-Alemparte Fernández.
 
      
      
      
                    Presentación dos libros Breve historia da cidade de Vigo/Breve historia de la ciudad de Vigo
14/10/2021
O próximo día 19 de outubro, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal vigués (praza do Rei s/n) serán presentados os libros Breve historia da cidade de Vigo e Breve historia de la ciudad de Vigo de autoría colectiva coordinada por Juan Miguel González Fernández
 
      
      
      
                    Presentación libro “ORIGEN Y TRAYECTORIA DEL LABORATORIO MUNICIPAL DE VIGO. Una institución centenaria”
14/10/2021
O día 14 de outubro de 2021, no salón de actos do Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra presentouse o libro “ORIGEN Y TRAYECTORIA DEL LABORATORIO MUNICIPAL DE VIGO. Una institución centenaria” da autoría de Fernando Domínguez Freire.
 
      
      
      
                    CENTENARIO PACEWICZ. VIGO 1921-2021
27/02/2020
O dous de febreiro de 1921 falecía en Vigo o arquitecto franco-polaco Michel Pacewicz, o creador da gran maioría dos edificios que marcan a pegada do Vigo ecléctico co selo parisiense que, máis dun século despois, segue sendo o emblema da imaxe arquitectónica da cidade. É a proximidade ao centenario do seu falecemento o momento axeitado para que o Instituto de Estudos Vigueses nos lembre -a través de diversas actuacións culturais a desenvolver ao longo deste ano- a figura deste gran arquitecto.
 
      
      
      
                    CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN CO COLEGIO DE ECONOMISTAS DE PONTEVEDRA
27/02/2020
O pasado día 26 de febreiro na nosa sede da rúa Cánovas del Castillo asinouse este convenio de colaboración, por parte do Colegio de Economistas de Pontevedra, o Decano-Presidente Carlos Mantilla Rodríguez e por parte do noso Instituto de Estudios Vigueses, o Presidente Xoán Carlos Abad Gallego. O noso Instituto pon ao dispor dos membros do Colegio de Economistas de Pontevedra e familiares directos a consulta dos fondos bibliográficos que esta institución alberga e a invitación á asistencia aos actos de divulgación que realiza, así como un desconto na adquisición de todas as súas publicacións. Pola súa banda o Colegio de Economistas comprométese a difundir entre os seus (...)
 
             
             
             
             
             
            