REÍR POR NO LLORAR (El humor en los años del hambre en Vigo)

REÍR POR NO LLORAR (El humor en los años del hambre en Vigo)

Giráldez Lomba, Antonio

Fecha
2004
O 14 de maio de 1939, corenta e catro días despois do final da guerra civil, o goberno do xeneral Franco implantaba a cartilla de racionamento, un documento que afectaría a toda a poboación e que daría dereito a recibir unha serie de produtos racionados proporcionados semanalmente pola Comisaría de Abastos ( chamada con maior precisión "Comisaría de Abastecimientos y Transportes" ). Entrabamos nos anos corenta e con eles chegaban as cartillas de racionamento e a fame. Díxose daquela que había que racionar os alimentos e que había que desenvolver unha política económica autárquica destinada a lograr o autoabastecemento de produtos alimenticios.