Gal > Colaboracións > Axúdanos a coñecer

O Instituto de Estudios Vigueses solicita a colaboración daquelas persoas que podan aportar fontes de información que contribúan a mellorar o coñecemento do pasado e do presente da cidade de Vigo e da súa bisbarra.

Axúdanos a coñecerEsta información concretada en documentos históricos, hemerográficos ou bibliográficos sobre a cidade, coleccións de fotografías ou postais, arquivos de particulares ou empresas, proxectos arquitectónicos, etc., pode ser legado ó Instituto de Estudios Vigueses, para quedar a disposición de investigadores.

Esa colaboración pode concretarse tamén nun permiso ou cesión temporal para dixitalizar calquera tipo de documentación, permanecendo esta en mans do seus propietarios ou depositarios despois do realizar o proceso técnico. As copias dixitalizadas quedarán gardadas na sede do Instituto de Estudios Vigueses e estarán a disposición dos estudosos en temas relacionados coa cidade de Vigo e coa súa bisbarra.

Dentro dos obxectivos do Instituto de Estudios Vigueses de ir conformando un centro de documentación da cidade e da súa bisbarra, contémplase a incorporación de arquivos de imaxe e arquivos sonoros con testemuños orais dos nosos maiores sobre a cidade que coñeceron e os acontecementos que viviron, posto que a tradición oral forma tamén parte do noso patrimonio cultural.

Dentro das limitadas posibilidades económicas do Instituto de Estudios Vigueses iniciouse un proceso de mellora dos medios técnicos e informáticos que permitan dixitalizar toda a documentación que chegue a esta institución.