Fuxidos e Guerrilleiros
 

O Membro do Instituto de Estudios Vigueses, Xoán Carlos Abad Gallego, está a traballar no primeiro estudio específico centrado no tema dos "fuxidos" e dos guerrilleiros antifranquistas da comarca de Vigo, polo que invita a todos aqueles que teñan algún tipo de información,  referencias de persoas, de lugares onde se desenvolveron os acontecementos asociados ós "fuxidos", de accións guerrilleiras, de intervencións policiais ou calquera outro tipo de recordo ou información  sobre o tema, a compartir os seus datos con nós con miras de que a publicación que se está a preparar sobre o tema sexa o máis completa e veraz posible.  Este chamamento está especialmente dirixido aos familiares dalgúns destes fuxidos; ás xentes que colaboraron no abastecemento ou agochamento dos mesmos e, en xeral, a todos aqueles que viviron  de cerca o drama dos derrotados da guerra civil. Para poñerse en contacto con nós pregamos o fagan á dirección de correo do IEV, sinalando que está dirixida a Xoán Carlos Abad Gallego. Calquera información por humilde que poda parecer será sempre ben recibida.

 
Data: 05-11-2004
 
  Ficha Bibliográfica
 
     Interesa manden ficha bibliográfica de traballos referidos a diversos aspectos e épocas da Historia de Vigo (pode tratarse só dun capítulo ou parte dunha obra) publicados como monografías (libros) ou como artigos en revistas especializadas ou actas de congresos que non estean incluídos na relación publicada no “Boletín do Instituto de Estudios Vigueses” nº 7, pp. 45-70 (2001) e que non apareceran nos números sucesivos do devandito boletín. Necesítanse para completar a lista con vistas a un futuro apéndice ou addenda.
        Contactar na dirección de correo electrónico do IEV. á atención de J. Miguel González. Agradécese por anticipado.
 
Data: 31-10-2004
 
  Arquitectura rexionalista I
 
O membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses José Ramón Iglesias Veiga está a finalizar unha investigación sobre a arquitectura rexionalista en Galicia nas primeiras décadas do século XX. Dado que esta tendencia arquitectónica tivo unha importantísima implantación nos chalés e suntuosas vivendas unifamiliares burguesas, este historiador solicita a colaboración das familias que garden imaxes fotográficas e documentación das construccións deste tipo que desapareceron en Vigo e noutras localidades galegas por efecto da especulación e expansión urbana. Das fotografías obteríase unha copia dixitalizada, permanecendo os orixinais nas mans dos seus propietarios. O contacto pode establecerse a través do Instituto de Estudios Vigueses.
 
Data: 05-10-2004
 
  Arquitectura rexionalista II
 

Este tipo de chalé rexionalista, de grande éxito dende os incios da década de 1920 ata ben etrada a de 1950, caracterizábase por incorporar unha magnífica cantería granítica e elementos ornamentais tomados do barroco de placas compostelá e da arquitectura de pazo relacionada con ese estilo: solainas, soportais, recercado de vanos con orelleiras, balaustradas, detalles decorativos de placas, pináculos, etc.

 
Data: 05-10-2004
 


Rexistros 1 a 4 de 4
 

@ Instituto de Estudios Vigueses