MANIFESTO DO IEV POLA RECUPERACIÓN DO CASTELO DO CASTRO
 

MANIFESTO DO IEV

 

 

O INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES

DEFENDE A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR

DO CASTELO DO CASTRO

 

 

O Instituto de Estudios Vigueses tería como un gran acerto o derrubamento das construccións realizadas dentro ou adosadas ao Castelo do Castro e que no forman parte do mesmo, entendendo por este os dous recintos fortificados que ainda se conservan dos tres que tivo, do mesmo xeito que se procedeu ao derrubo das construccións adosadas polo exterior ás murallas de Lugo, permitindo a súa visualización. O mesmo sucedería de levarse a cabo a roza das herbas e silveirales que nacen entre as xuntas das súas centenarias pedras ou a tala de arbustos e árbores que ocultan a súa visión, por ter sido plantados algúns co obxectivo de cubrir as vellas murallas, coa crencia de que un colorido arboredo é máis bonito que un vello muro de perpiaños escurecidos polo tempo, ainda que pertenzan ao sistema defensivo dun antigo Castelo.

 

Con estas esenciais medidas se recuperaría un dos bens máis preciados cos que conta Vigo, constituíndo o seu máis valioso tesouro histórico e arquitectónico. A recuperación e posta en valor do Castelo da Nosa  Señora do  Monte do Castro é de primordial importancia. Foi a testemuña ineludible da defensa da cidade durante máis de trescentos anos e resistiu valerosamente (cuns 800 homes no seu interior), o asedio e bombardeo constante, con morteros, por parte dos ingleses, durante cinco días, a mediados do mes de outubro  de 1719, morrendo 80 personas e quedando feridas máis de 200.

 

En canto a seu interés arquitectónico, non cabe dúbida algunha, pois constitúe un dos mellores exemplos da arquitectura militar abaluartada de Galicia do século XVII, construído como defensa ante a guerra con Portugal (1640-1668), cuio exército portugués tendo conquistado Bouzas e acuartelándose na vila, non se atreveu a atacar a Vigo pola impoñente presencia do Castelo  do Castro no cumio do monte.

 

Constitúe un atractivo turístico como mirador, amais do arquitectónico, ambos aspectos sen explotar, xa que a edificación moderna que foi restaurante e oculta a parte máis importante do Castelo (a Punta do Diamante),  está colocada encima do segundo recinto fortificado, e  impide as mellores vistas sobre a cidade e a súa Ría. Tamén o crecemento do alto arboredo, situado no cumio do monte, oculta as fermosas vistas que non hai moito tempo se tiñan de Coia, Bouzas, Val do Fragoso, etc.

 

A súa reivindicación e valoración da súa trascendencia constituiría unha culta e intelixente actuación por parte do Alcalde e Corporación Municipal, que os vigueses e visitantes saberían valorar, aínda que para elo se renunciase e se procedese ao derrubo do antigo restaurante, que coas súas dúas pequenas torres con falsas almenas, fan crer que é o auténtico castelo, cando en realidade, carece do máis mínimo valor arquitectónico.

 

A este Instituto de Estudios Vigueses non lle cabe dúbida de que a valoración histórica, arquitectónica e turística do antigo Castelo do Castro está por encima do mercantilismo, intereses económicos  e incluso de utilidade ou proveito para calquera institución benéfica ou cultural, que poida proporcionar a edificación sinalada, que altera ostensiblemente o devandito Castelo, que constitúe un MONUMENTO ou Ben  de Interese Cultural, según o establecido na lexislación vixente, e baixo ningún concepto debe sufrir a agresión de inadecuadas edificacións adosadas ás súas murallas ou colocadas encima delas.

 

 -

 
Data: 04-04-2008
 
  PRESENTACIÓN LIBRO
 

OS NOMES BEIRAMARIÑOS

Desde Cabo Silleiro ata O Porto da Guarda

O vindeiro sábado 10 de novembro, ás 19:00, terá lugar a presentación deste libro orixinal do noso Director, D. GERARDO SACAU RODRÍGUEZ.

A obra será presentada polo Membro Fundador do IEV, D. Antonio Giráldez Lomba.

O acto, que conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Mougás, levarase a cabo no Centro Cultural desa Parroquia (Pza. do Eirado, s/n - Mougás, OIA) 

 

 

 
Data: 29-10-2007
 
  PRESENTACIÓN LIBRO
 

OS NOMES BEIRAMARIÑOS

Desde Cabo Silleiro ata O Porto da Guarda

O vindeiro xoves 18 de outubro terá lugar a presentación deste libro orixinal do noso Director, D. GERARDO SACAU RODRÍGUEZ.

A obra será presentada polo Membro Fundador do IEV, D. Antonio Giráldez Lomba.

O acto levarase a cabo no salón de eventos da Casa do Libro, (Rúa Velázquez Moreno, 27), ás 20 horas.

 
Data: 15-10-2007
 
  PRESENTACIÓN LIBRO
 

1887-1981

   TITANES DEL VIGUISMO EN UNA CIUDAD DISCRIMINADA

 

O vindeiro luns 11 de xuño terá lugar a presentación deste libro orixinal do noso Membro Fundador, D. GERARDO GONZÁLEZ MARTÍN.

O acto levarase a cabo no "Salón Regio" do Círculo Mercantil de Vigo, (Rúa Príncipe, 44), ás 20:00.

 

 
Data: 25-05-2007
 
  MESA REDONDA
 

O vindeiro martes 6 de marzo, ás 20:00, levarase a cabo unha Mesa Redonda organizada por este Instituto, que abordará o histórico tema das divisións provinciais de Galicia, baixo o título

VIGO: ¿LA QUINTA PROVINCIA?

Participará como relator o Membro do IEV D. Luis Rodríguez Ennes e como invitados especiais: D. Alfonso Álvarez Gándara; D. Juan Ramón Güell Cancela e D. Carlos Núñez Rodríguez.

Fundación CAIXAGALICIA, Policarpo Sanz, 21  Vigo

 
Data: 02-03-2007
 

Seguinte Último

Rexistros 1 a 5 de 29
 

@ Instituto de Estudios Vigueses